miércoles, 9 de enero de 2013

A WEB 2.0

España conectouse a Internet por primeira vez en 1990. Probablemente tú non naceras aínda, o que quere decir, que non coñeciches un mundo sen Internet. Como comprobarías nas tuas pesquisas, agora fálase dun novo concepto de web 2.0, donde os usuarios participan compartindo, comentando, comunicando, aportando o que son como persoas a Internet. A web 2.0 (xa se fala da 3.0) é a evolución de Internet para satisfacer as necesidade de participación das novas xeracións que foron medrando nun mundo influenciado pola WWW. Antes Internet case se usaba exclusivamente para a búsqueda de información e comunicarse. Agora é moito máis, calquer persoa pode compartir imaxes, información, videos... pero case de maneira instantánea a como está pasando. Pasamos de ser meros expectadores a ser protagonistas dunha nova realidade pero...estamos preparados? Seremos capaces de participar responsablemente?
Tócache seguir investigando e agora por parellas facede unha cronoloxía cos 10 acontecementos que consideres máis importantes na historia da informática. Recopílaos nun documento, usando google docs (exemplo de traballo colaborativo), donde se rexistre o acontecemento e unha foto que o identifique, e despois entra na seguinte web para facer unha ordenación nunha liña do tempo, debes rexistrarte e ir poñendo os acontecementos, despois embebeo no blog unha nova entrada:
Enlace á páxina web para facer a liña do tempo: timerime

No hay comentarios:

Publicar un comentario